Listen

Description

#Destacadas:
🤘8´
#MércoresDeTemazos Hoxe soaron The Beatles Tina Turner Barbara Streisand Céline Dion Cyndi Lauper...
⚽️35´
A Estrada Deporte Como cada mércores abrimos o espazo de información deportiva patrocinado por Talleres Elmacar S.L no cal David Carballo deu conta da axenda deportiva dos vindeiros días e onde destacan os encontros do Sporting Estrada e do Club Deportivo Estradense e...
🕺41´
... convidou tamén a Juan Carlos Romero Rozados para falar dos últimos éxitos de SondoDance a nivel galego e nacional e para saber tamén da vindeira #CopaBaileDeportivo Concello A Estrada que se celebrará o domigo 18 de maio.
👅66´
Queremos Galego! está a preparar unha #macrofoliada, unha xornada festiva e reivindicativa, en homenaxe e defensa da lingua galega e a cultura popular. Será o sábado 17 en #SantiagoDeCompostela. E aquí na Estrada, esta tarde ás 20hrs, no #MOME, realizarase un plenario para informar e sumarse a esta proposta. Contóunolo Clara Iglesias Cortizo
🐟🍏96´
Dende o Concello A Estrada, o concelleiro Oscar Duran informa sobre os preparativos da #FestaSalmón e da #FeiraSidra.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina
nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)