Listen

Description

#Destacadas:
👅15´
Queremos Galego! convoca para esta tarde, ás 20hrs., no #MOME, unha xuntanza coa idea de poñer común ideas e traballo de cara a manifestación convocada para o 23 de febreiro, #díadeRosalía, en Santiago de Compostela para reclamar maior e mellor presenza da lingua galega no noso día a día. Falamos con Clara Iglesias Cortizo.
🌲35´
#DinamizandoRural Voltamos hoxe con Marisé García que abordou un tema que creou moito malestar entre a veciñanza da Estrada: os requerimentos para a #limpeza de #parcelas, as #faixas de #protección. No vindeiro programa seguiremos con este asunto así que si tedes algunha pregunta, dúbida... facédea chegar.
🤣61´
#Gerundina volveu a #OT1 e lembrou a David Bisbal Nuria Fergó e Bustamante que ten unha versión dunha canción que se parece moito á canción de #DavidElGnomo.🤦😂
🍲78´
A pregunta de hoxe para o concurso con O Quinteiro é si tiñades pensado comer #cocido esta fin de semana e maioría das respostas foron “non pero... oxalá”. E ti que, tes cocido estes días?
🎥92´
#Panic2025 Coñecemos a última peli que se proxecto no festival este ano: #StrangeDarling e ademais con Pedro Pérez voltamos a recordar a charla científica divulgativa sobre a #morte coa que pechará o festival esta 12ª edición: #ExperienciasSobreAMorte Teatro Principal A Estrada Concello A Estrada, 19hrs., entrada gratuita con invitación.

Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, finanzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)