Imos co máis destacado da actualidade na Estrada:
A nova grande: inaugurado o último treito da autovía a Santiago. A Estrada queda agora a só dez minutiños da capital. Un cambio importante na mobilidade de toda a comarca.
Este sábado tamén temos plan cultural: obradoiro de banda deseñada con Lucía Cid dentro do programa Xuventude en Viñetas.
Produtores estradenses de mazá e sidra marchan mañá por Asturias, Cantabria e Euskadi nunha viaxe de aprendizaxe para seguir mellorando técnicas e producción.
Hoxe hai concentración en apoio a Palestina, convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade, reclamando fin do apagamento informativo.
No político: Magariños respóndelle a López Bueno polo tema do padrón municipal. O PSOE critica o acto polo inicio das obras da AG-59. E o BNG propón editar calendarios en galego para 2026 e repartilos de balde.
Se tes negocio, atento: o Concello organiza xornadas informativas sobre subvencións o mércores 19, na sede comarcal de empresarios.
E xa se poden reservar terreos na nova ampliación do polígono de Toedo.
En comarcas?
No Pino xa está aberto o prazo para o Lecer Nadal, con 50 prazas para crianzas de 3 a 12 anos.
En Cuntis, o Centro de Día abre as portas o mércores 19 con visitas pola mañá e pola tarde. E tamén en Cuntis queda rematada a renovación do alumeado público, con tecnoloxía LED en oito zonas do municipio.
O que pasa na Estrada e arredores , pasa por aquí 💛