Resumo do noso informativo🎙️
Este sábado temos cultura da boa: obradoiro de creación de personaxes con Lucía Cid dentro de “Xuventude en Viñetas” 🎨✨ Se che gusta debuxar, é o teu plan da finde!
O sector estradense da mazá e da sidra está de viaxe técnica por Asturias, Cantabria e Euskadi 🍏🧃 Aprendendo, compartindo e traendo ideas para seguir medrando.
No político, polémica entre Manuel Magariños (concelleiro reto demográfico) e o voceiro do PSOE, Luís Lopez Bueno. PSOE lembra que o dato oficial de poboación é o do INE: 👉 20.139 veciños o ano pasado 📉
Nas comarcas tamén hai moito movemento: en Vigo intervíronse máis de 60.000 bolsos falsificados que ían cara Portugal 👜🚫
En Silleda segue aberto o programa “Xuntos polo Nadal” para maiores que viven sós 🎄💛
En Cuntis, o Centro de Día abre portas o mércores 19 🏡
E en Trasmonte (Ames) chega a V Feira do Monte con música, obradoiros e sabores da terra 🌲🎶
E como sempre… o deporte pecha a xornada: previa de fútbol da finde da man de Rafa Vázquez ⚽🔥
O que pasa na Estrada, pasa por aquí 💛