🚒 A Estrada estrea bomba rural pesada e fai balance do traballo das brigadas de prevención no noso monte.
♻️ Ademais, sete concellos —incluída a Estrada— dan o primeiro paso para crear un servizo supramunicipal de recollida do lixo.
🗳️ O PSOE critica a reunión e fala de improvisación no goberno local.
💼 A Asociación de Empresarios acolle hoxe unha charla sobre axudas da Xunta e da UE, moi útil para o tecido local.
🌾 E na comarca, establízanse prezos do porcino e dos ovos, cunha suba do bacoriño en 3 euros.
🎶 E pechamos con cultura: a Banda Cultural homenaxeará a Ramón Campos no concerto de Santa Icía o 28 de novembro.
💛 O que pasa na Estrada, pasa por aquí
#RadioEstrada #AEstrada #OQuePasaNaEstrada