Hoxe na Estrada temos moito movemento nas rúas 🚧.
No tráfico, aviso importante: a rúa San Paio está hoxe cortada dende Praza de Galicia ⚠️, e só poden acceder os veciños con garaxe 🚗.
Tamén chegan novidades no aparcamento: o Concello vai reservar prazas diante das oito farmacias urbanas 💊, cun uso máximo de dez minutiños ⏱️.
O xusto para recoller o necesario e seguir.
No medio ambiente, decembro trae o colector marrón ♻️ e máis de 500 composteiros gratuítos 🌱 para vivendas unifamiliares. Escoitamos a Oscar Durán.
E no social, unha vintena de maiores xa se apuntou ao curso dixital YoConecto 👵📲, que arrinca en decembro para aprender a usar o móbil e facer trámites sen medo.
Nas comarcas: Cuntis comeza as obras das novas piscinas descubertas 💦 e dun edificio polivalente, e no Milladoiro ofrecen este sábado un obradoiro para entender e baixar a factura da luz 💡.
Xa o sabes… o que pasa na Estrada e arredores, pasa por aquí 💛.