Hoxe traemos moito orgullo estradense 💛
O noso podcast Fechadas no Baño acaba de gañar o Premio ao Mellor Podcast Feito por Mulleres no Festival de Podcast de Galicia! 🙌
Tamén festa na música: Juan Núñez recibe unha Mención da Federación Galega de Bandas pola súa obra Camiño dos Arrieiros. 🎶
Desde Bos Aires, Gonzalo Louzao celebrou o 82 aniversario do Centro Cultural do Partido da Estrada… a nosa parroquia 52 segue máis viva ca nunca! 🇦🇷
Na Estrada, o Concello prepara o acto institucional do 25N e abre as inscricións do Campamento de Nadal 🎄
E en Cuntis, Víctor Galdo volve ser premiado como Axente TIC da Amtega.
Porque o que pasa na Estrada… pasa por aquí 💛