Hoxe na Estrada tivemos de todo:
A Escola Infantil Municipal entregou 200 quilos de doazóns a Cáritas.
Presentouse o novo coche do Plan VIVe, e A Estrada é o concello de toda España con máis km percorridos! Os responsables do programa piden máis coidado no trato ó coche.
O conselleiro Diego Calvo visitou o novo xulgado, con 3,3 millóns de investimento.
O Concello pide incorporar os antigos xulgados, mentres o PSOE critica que non se solicitase a cesión do antigo centro de saúde.
As entradas da festa Pre-Fin de Ano venderanse en sete locais da Estrada, A Bandeira e Silleda.
E nas comarcas: performance do 25N hoxe en Silleda e Concilia Nadal 2025 activo en Vila de Cruces.
Descubre todo o que está pasando nesta xornada no noso concello e nas comarcas.
💛 O que pasa na Estrada, pasa por aquí
#RadioEstrada #AEstrada #OQuePasaNaEstrada #RadioEstradaInforma #Galicia