Listen

Description

🎧 Hoxe na Estrada... novas que tocan o corazón do noso día a día!
💛 “O que pasa na Estrada, pasa por aquí”

🏗️ Proxectos en Codeseda e Santo Tomé
A Xunta de Goberno Local aproba actuacións nestas parroquias e pagos a provedores 💶

🏭 O parque empresarial de Toedo medra!
A Xunta licita a expropiación dos terreos para ampliar o polígono nun 45 % 📈
🗣️ O alcalde Gonzalo Louzao valora o proxecto.

🏠 Críticas do PSOE estradense
Consideran insuficientes os orzamentos da Xunta.
Piden máis investimento en vivenda, estradas e infraestruturas locais.

🥕 O BNG presenta un plan para a Praza de Abastos
Queren reactivar o espazo e convertelo nun motor económico e social 💬

💦 Desde Cuntis, mirada termal!
O alcalde lidera o debate sobre saúde termal no Encontro Nacional de Villas Termales ♨️ "É posible máis dunha concesión das augas termais en vilas como Caldas ou Cuntis."

⚽ Victoria contundente do CD Estradense!
0️⃣ - 4️⃣ fronte á UD Barbadás 🔥
Resumo completo da xornada co noso Rafa Vázquez.

💊 Farmacia de garda: Fenollera (Praza de Galicia, 18)

💛 O que pasa na Estrada, pasa por aquí
#RadioEstrada #AEstrada #OQuePasaNaEstrada