Listen

Description

Hoxe traemos boas novas para a lingua e para a Estrada 💛

O Recuncho da Lingua, Abraham Cupeiro e o doutor Ramiro Varela, gañadores dos Premios San Martiño de Normalización 2025 👏

Tamén se renova o servizo de recollida selectiva: 75 novos contedores amarelos, e Oscar Durán explícanos como vai mellorar ♻️

Falamos con Xoán Reices, do BNG, sobre a súa proposta para reactivar a Praza de Abastos e facer dela un motor económico 🛍️

No eido político, o PSOE pide un plan máis ambicioso para o polígono de Toedo 🏗️

E na comarca, en Silleda celebrouse o GaliciaSkills con talento a moreas 🎓
En Cuntis, denuncian precariedade sanitaria... aínda que tamén chegan investimentos para o CPI Don Aurelio 💶

“O que pasa na Estrada, pasa por aquí 💛”