Listen

Description

Boas, Estrada! Hoxe vimos cargadiños de novidades.

Accidente mortal no día de onte (27Nov) na N-640 ó seu paso por Cuntis, co resultado dunha ferida grave e un falecido.

Este luns incorpórase Neves Rodríguez á nosa grella co seu magazine "É de Mañá", de once a unha… vai ser unha marabilla ter esa voz acompañándonos!

Esta noite ás nove, no Principal, concerto de Santa Icía coa Banda Cultural da Estrada e Ricardo Oliver… unha cita obrigatoria 🎼

O Nadal chega o día 5 cun acendido moi especial: os peques serán protagonistas e ademais cunha campaña solidaria a favor de ASANOG 💛

Aviso importante! A Sede Electrónica estará pechada dende mañá ás dez da noite ata o domingo pola noite por mantemento.

No político, o PSOE critica a falta de coordinación municipal e fala dunha situación complicada no novo mercado.

En Cuntis, o alcalde pide máis servizo de DNI e o asfaltado integral da N-640

E rematamos co deporte: hoxe pasa polo estudo Rafa Vázquez para analizar a previa futbolística da fin de semana ⚽

Xa sabedes… O que pasa na Estrada, pasa por aquí 💛”