Listen

Description

Escoita de novo o noso informativo.

A Estrada, Teo, Vedra e Boqueixón únense para facer o Ulla navegable 🌊
Turismo, deporte e natureza da man!

Tamén chega unha nova aventura sobre rodas: rutas en buggy pola Estrada 🚜

A cultura tamén protagonista coa exposición “Avelina Valladares. Dona de seu” na Casa das Letras 🎨

E atención: 75 novos contedores amarelos ♻️ pero coa oposición pedindo máis información sobre a xestión do lixo.

Ademais, restricións ao paso de autobuses no centro 🚍

E nas comarcas, proxectos para mellorar a mobilidade rural e debate en Cuntis pola reforma dos colexios.

Todo o que pasa na Estrada… xa o sabes 👉 pasa por aquí! 💛