Hoxe a Estrada estreou nova escavadora municipal — lista para poñerse mans á obra 🚜
E ademais, o Concello arranca un plan de sinalización con medio cento de actuacións na vila 🛣️
Houbo tamén debate político:
O PSOE acusa ao goberno local de atrasar a unificación dos nomes dos lugares.
Iso si… o Samaín terá que agardar 😔
O desfile deste xoves queda cancelado polo mal tempo 🌧️
Pero non todo son nubes!
O alumnado do curso de lingua e cultura galegas visitou Radio Estrada 💛
Participaron no mercadiño e deixaron alegría no estudio 📻
E na Casa das Letras xa podedes visitar a exposición “Avelina Valladares. Dona de seu” 🎨
Actualidade Mediodía: O que pasa na Estrada, pasa por aquí 💛