Hoxe traémosche o que se move pola Estrada 💛
O Goberno xa prepara o orzamento de 2026 — e queren levalo a Pleno en decembro.
As prazas do IMSERSO 2026 voaron! 126 persoas quedaron fóra, e a concelleira Amalia Goldar pide ó Estado máis espazo neste programa.
O PSOE, pola súa parte, critica que os orzamentos da Xunta non inclúan fondos para a residencia pública da Estrada.
Hoxe visita a nosa vila José Ramón Gómez Besteiro. Ás cinco e media, na residencia da terceira idade.
En comarcas, Cerdedo podería ter pronto unha ambulancia asistencial, Moraña retoma os plenos, e Teo celebra o San Martiño, xa como Festa de Interese Turístico de Galicia.
E para pechar, fútbol! Rafa Vázquez tráenos a previa da fin de semana ⚽
O que pasa na Estrada, pasa por aquí 💛