“Hoxe na Estrada… o Concello pon ao día as contas coa plantilla municipal: máis de 2,7 millóns de euros en débedas saldadas de golpe.
O PSOE celebra melloras no centro de saúde de Oca, pero pide avances na residencia de maiores e nas estradas locais.
En comarcas, a asociación Elas/Eles alerta do impacto da mina de cuarzo de Erimsa, e seis concellos —entre eles A Estrada— únense no novo Programa Integrado de Emprego.
Cuntis celebra o outono con música e boa mesa 🍂, e COGAMI segue sumando voluntariado pola inclusión.
E ollo, porque volve a choiva e o vento, como nos advirte Alberto Romero de Meteogalicia.
Farmacia de garda: Losada Campa, Av. Santiago 16.
O que pasa na Estrada… pasa por aquí 💛”