«Boas! Na Estrada xa cheira a Nadal… e vén cargado de música, espectáculos familiares e máis de trinta actividades ata Reis. Un mes para vivir xuntas e xuntos a maxia do inverno.
As persoas maiores tamén terán o seu espazo: o programa YoConecto abre dous grupos de iniciación dixital para perderlle o medo á tecnoloxía.
No capítulo institucional, o PSOE leva ao Pleno a moción para manter os servizos do Imelga en Santiago.
E esta semana, no MOME, Sanidade organiza unha xornada sobre duelo e perda con Pilar Rey Suárez… un empurrón para afrontar estas datas tan sensibles.
A Garda Civil investiga dous sospeitosos por explotación laboral e trata en O Porriño.
E pechamos con cultura: a Coral Polifónica Estradense viaxa este sábado a Salamanca e xa pensa no seu concerto de Nadal do día 20.
Nas comarcas, Cuntis abre o prazo do Cuntilín Nadal e en Cerdedo-Cotobade avanza o proxecto termal dos Baños de San Xusto.
O que pasa na Estrada, pasa por aquí 💛»