Listen

Description

O BNG denuncia no Faro de Vigo, na edición de onte, domingo 31 de agosto, a ausencia de socorrista na praia fluvial do río Liñares durante a temporada estival. O concelleiro de Deportes Ismael Pena, nega tal afirmación e insiste en que durante os meses de Xullo e Agosto, a praia fluvial contou con socorrista.

O Partido Socialista Estradense levará a pleno as marquesinas do transporte escolar. Luís Lopez Bueno, afirma que xa levaron este tema ó pleno estradense, pero que seguirán insistindo.
O día 5, dentro dos campamentos de verán do Concello da Estrada, no colexio de Figueroa, haberá unha festa con xogos e actuacións para despedir esta exitosa campaña para a axuda da Conciliación Familiar. .

En Comarcas:
Cuntis: Abre o 1 de setembro o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Música.
A Deputación confirma unha vendima sá e abundante no albariño
O BNG denuncia o mínimo investimento da Xunta nos puntos de atención á infancia de Rodeiro e Agolada
Silleda reorganiza mesas electorais: cambios para Ponte e Saidres

En deportes, Alfonso Ventín vence en Portas e recorta distancias no Campionato Galego de Rallymix