Listen

Description

Hoxe ás 12 da noite remata o prazo para a presentación de alegacións ós parques eólicos de Chamarrapio, Xubrintas e Alamoceiros. O partido socialista da Estrada reclama unha oficina de turismo útil, e solicita a súa ubicación na praia fluvial de Praíña, en PonteVea. A asociación Agadea, participa hoxe nunha andaina a prol da Demencia, Da Estrada participan 50 persoas. En Comarcas, falamos do Lume e tamén, de que grazas ó esforzo das persoas que participaron na extinción de incendios e ó cambio de tendencia na metereoloxía, estánse dando por extinguidos os grandes lumes de Ourense.

Val do Dubra envía forraxe ás gandarías ourensás afectadas polos incendios”
Silleda inviste máis de 200.000 euros en novas melloras viarias en Piñeiro, Abades e Manduas

En DeporteS: Retomamos unha nova de onte que non puidemos dar completa: O estradense Alejo Ferreiro e, campións galego de SURF e clasificados para o Pantín Classic” Escoitamos a conversa mantida co deportista estradense Alejo Ferreiro.