Listen

Description

O alcalde Gonzalo Louzao, recibiu hoxe a 4 nenos saharauis que veñen a pasar as vacacións na Estrada. O PSOE Estradense pide máis esforzo por parte da Concellería de Deportes, xa que dende a inauguración das pistas de atletismo, tan só houbo unha competición. O BNG da estrada queixase do estado dos viais no rural e afirma que non hai ningún tipo de plan para o mantemento das pistas.
A Feira do Moble de Galicia amosa novidades: mesas extensibles innovadoras e un apartamento modular turístico.

Estabilizados os incendios da Pobra do Brollón e Avión; permanecen controlados os grandes lumes de Ourense”. Cuntis: Abre o 1 de setembro o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Música. Silleda reorganiza mesas electorais: cambios para Ponte e Saidres. Prisión para un home acusado de provocar catro incendios en O Pino e sancionados catro veciños de Noia por facer unha barbacoa en Outes.

En Deportes…
En deportes, achegarémonos ata o concello de Portas, onde esta fin de semana se celebra o V Rallymix.