Actualidade Medliodía 30/05/25
O número premio coa viaxe ó Caribe que agasalla a comisión de festas San Paio 2025 é o 114.454
Emprego: Formación atención sociosanitaria en institucións posta en marcha por Acción Contra a Fame en convenio co Concello da Estrada. Escoitamos a Ana Adán e Ana Ferradáns.
Residencia Pública: O Partido Socialista reclama unha vez máis a posta en marcha dunha residencia pública no concello. Luís López Bueno considera esta unha cuestión urxente e cre que dende o grupo de goberno non se atenden as necesidades básicas da veciñanza.
Comarcas: O BNG de Forcarei abandona o goberno local ó considerar que o PSOE non está a cumplir co pacto asinado en 2023.
Informativo local do concello da Estrada e a súa comarca con novas de carácter económico, politico, social e cultural. Tamén conta con un espazo para as novas das comarcas de Tabeirós Terra de Montes e a comarca do Deza en cada programa.