Programa nº 48- (18 3-2021)
Comenzamos o programa recordando o pasamento de Paloma Rodríguez Vazquez, sucedido esta seman…… Seguiras sempre moi presente con todas nos.
Este venres 19 de marzo, hai unha Acción Global polo Clima, en miles de lugares, pobos e cidades, terá lugar unha mobilización popular en defensa do planeta. O movemento internacional "Fridays for Future" convoca esta acción mundial, na Galiza o son máis de 85 organizacións e colectivos os que conflúen no Movemento Galego polo Clíma. que convoca accións locais en cidades e vilas da nosa Terra.
Lucia , unha das compañeiras fundadora da Xanela das Fucas acude o programa para recordarnos que o quecemento global é consecuencia directa do modelo de produción e consumo que continuamente se demostra incapaz de satisfacer as necesidades vitais das persoas.
Un modelo que precariza ás persoas e pon en situación de vulnerabilidade a gran parte da poboación mundial, especialmente ás mulleres, así como aos ecosistemas e o resto de seres vivos que habitan este planeta. Un modelo que arrisca a nosa supervivencia como especie, ao basearse na explotación ilimitada e acelerada dos recursos fósiles, mineiros e naturais, impactando de maneira inxusta nas poboacións máis pobres e vulnerables. Pero, nesta crise, a ciencia tamén sinalou a vía de actuación, que non é outra que a redución e descarbonización do noso sistema económico, especialmente nas sociedades industrializadas occidentais que temos máis responsabilidades e maiores capacidades. Un sistema económico que se paralizou ante a crise do coronavirus e que debemos reformularnos antes de reiniciar.
Lucia tamen nos recordou os pequeños fectos cotidians que individualmente podemos facer , por exemplo nos tipos de envase que escollemos na compra diaria, o material de roupa que comparmos, o transporte que usamos. Nos fala das tres “R”,
E decir recordarnos a responsabilidade que temos nas pequenas acions diarias e que o lema de esta ano e Non hay planeta B.
En Ferrol este venres 19 de marzo de 2021 , as 12 do medio día, concentranción no Canton, no Día Global de Accions polo Clima.
Audios: Accion global polo clima
Fucas que participan en directo: Ana B. López Verez, Chelo Carballal Balsa
Invitadas: Lucia Vizoso Amado e Cristina Sobrino López
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Gracias a la vida (Joan Baez e Mercedes Sosa); Mull Of The Kintyre ( Paul McCartney &Wings; A Irmandade das estrelas ) Carlos Nuñez