Listen

Description

A Xanela acercase a ASCM para comentar a presentación da obra de teatro en formato dixital “Eu tamen teño dereito” realizada por persoas de dita asociación
A temática da obra e sensibilizar a ciudania sobre as persoas con discapacidade.
Farase a presentación o día 8 de maio en Redes na Asociación Instructiva de Camouco , asociación que se fundou na Habana, a principios do século XX
A Asociación Sociocultural ASCM iniciou a súa traxectoria en 1987 como unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo prioritario a plena inclusión das persoas con discapacidade

Tamen convidamos a Andrea Lapique , para que nos comente a exposición que se presenta no Centro Torrente Ballester de Ferrol dende esta fin de seman: 'Andrés do Barro: Pop, saudade e memoria. Unha ollada dende Ferrolterra'. A mostra, que se poderá visitar ata o 23 de maio, inclúe a súa discografía orixinal e as versións realizadas sobre ela, fotografías das súas primeiras actuacións, así como fotografía promocionais do filme Na rede da túa canción, imaxes, recortes e portadas de prensa musical e de sociedade que abordan a vida e a obra do cantante.
Andrea nos emociona transmitindo os seus recordos o o desexo que se recorde o impotante que foi a sua contribución a música galega. Recordamos como a suas cancions, en galego, forón número un, varias semans nas listas do momento a nivel nacional.

Fucas que participan en directo: Chelo Carballal Balsa, Ana Belén López Verez, Cristina Sobrino López..
Convidadas: Eugenia Sanmartin, Andrea Lapique
Audios : Presentación da ASCM
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Nao tenha medo ( Eugenia Sanmartin); Libertad ( Andres Dobarro); No me enterei ( Andres Dobarro )