Programa nº 58 - (2- 9--2021)
A Xanela das Fucas convida de novo Mho Dueñas, artista de Martorell que xunto con outros creadores participarán no evento anual de arte urbana, Las Meninas de Canido, que se celebrará esta fin de semana en Ferrol.
Mho cóntanos por que comezou a pintar, como desenvolveu un proxecto de creación artística que inclúe a varios artistas da cidade de Martorell.
Dueñas participa dende 2015 neste certame que o artista local Eduardo Hermida creou en 2008 para intentar frear a degradación do seu barrio, Canido. Un evento que, ano tras ano, convida a artistas de todo o mundo a reinterpretar un dos cadros máis coñecidos do museo do Prado, Las Meninas, de Velázquez.
Durante a entrevista nos emocionamos, compartiu as súas experiencias durante este ano, o difícil que esta sendo para moitos artistas os meses de pandemia.
Falamos da invisibilidade das mulleres nas grandes pinacoteca se nos recomenda o libro
Las invisibles: ¿por que el museo del prado ignora a las mujeres? de Peio H. Riaño… E a historia contra a ceguera, contra o mito e contra os genios , un relato sobre as condicions políticas e sociais que determina a creación artística
Mho a tua presencia e moi necesaria neste mundo………
Convidadas: Mho Dueñas ,
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Eva Tizón Bouza.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; I put a spell on you (Angelina Jordan ); Tengo un trato ( La Mala Rodriguez); Si me matan (Silvana Estrada); You make me feel like) A natural woman (Song Volans).