Listen

Description

Terceiro dos especiais adicados ao selo de música ECM (Edition of Contemporary Music), fundado na cidade de Múnich en 1969 polo músico e produtor alemá Manfred Eicher.

Neste programa realizamos unha selección da obra The Köln Concert (ECM, 1975) de KEITH JARRETT. Gravada ao vivo o 24 de xaneiro de 1975, recolle as improvisacións a piano só realizadas polo músico e pianista de jazz contemporáneo no Cologne Opera House de Colonia, Alemaña.

Selección musical:
- The Köln Concert - part. I
- The Köln Concert - part II (b)
- The Köln Concert - part II (c) extracto

Apresenta e conduce: Pequeno Monstro.
Emisión: Rádio FilispiM, Rádio Kalimera e TT Radio
Todos os programas en: http://offmental.blogspot.com