'Lugar A Ponte' é o segundo álbum de Caldo, o trío conformado por María Jorge, Anaïs Barbier e Pedro Fariñas. Trátase dun disco profundo e persoal no que comezaron a traballar dende o confinamento e que foron perfilando ata acadar, tres anos despois, un traballo que leva por nome o fogar onde o propio caldo agromou: o Lugar A Ponte, na comarca do Val Miñor. Falamos co guitarrista e gaiteiro de Caldo, Pedro Fariñas.