Programa 1173 de Higher Street, no que comezamos escoitando o disco debut do proxecto Ronin Arkestra, jazz contemporáneo con fusión electrónica producido polo neozelandés Mark De Clive-Lowe xunto a 9 músicos xaponeses, procedentes de grupos diversos do país, como Kyoto Jazz Sextet, WONK, Cro-Magnon, Root Soul, Sleepwalker ou Kyoto Jazz Massive. Sorprenden coa súa proposta fresca e dinámica, continuando a liña das produción de De Clive-Lowe, aínda que agora nun contexto más orgánico se cabe, e producindo un traballo baseado en historias de samurais ou episodios de anime.
Para rematar, dúas novidades, a primeira de Blundetto, produtor francés habituado a traballar xéneros tan diversos como funk, soul reggae, electrónica... vamos, na nosa liña! Dende o seu debut en 2010 presenta agora novo sinxelo con Hindi Zahra en clave soul dub.
E por último, o retorno de Space Captain tra-lo seu derradeiro traballo, ademais de disco debut, All Flowers In Time de 2017. E regresa a banda de Brooklyn liderada por Maralisa Simmons-Cook cun sinxelo doble, mantendo a súa idea de soul electrónico e psicodélico.
[Ronin Arkestra - Sonkei]
Ronin Arkestra - Lullabies of the Lost
Ronin Arkestra - Onkochishin
Ronin Arkestra - Elegy of entrapment
Ronin Arkestra - The art of altercation
Ronin Arkestra - Circle of transmigration
Ronin Arkestra - Fallen angel
Ronin Arkestra - Tempestuous temperaments
Ronin Arkestra - Cosmic collisions
+
Blundetto - Fly high feat. Hindi Zahra
+
Space Captain - Secret garden
Space Captain - Back of my mind