Listen

Description

A contadora, como lle gusta que lle chamen, estrea en Vigo e Pontevedra "Marcho que teño que marchar", un monólogo feminista sobre a súa infancia no rural galego, onde as mulleres de antes se apoiaban e gardaban segredos nos lavadoiros e traballando no campo. Actriz e produtora, irreverente e atrevida, reivindica unha arte crítica coa política, pegada ó idioma propio e como refuxio da sociedade.