Listen

Description

A xinecóloga xubilada é agora presidenta do colectivo Dereito a Morrer Dignamente en Galicia. Tras acompañar a milleiros de mulleres a dar a luz a nenos, agora asesora a persoas que queren morrer por eutanasia. A lei estase a aplicar, tres anos despois da súa aprobación, pero hai carencias como a falta de información dos sanitarios que provoca ás veces lentitude no proceso e trabas aos solicitantes que adoitan ser persoas en situacións sanitarias graves e irreversibles que queren reducir o seu sufrimento.