‘O Teleclube’ deconstrúe a maternidade con ‘Salve María’
Mar Coll dirixe un filme que pon o foco no lado escuro de ser nai
A brillante Laura Weissmahr protagoniza esta película na que a súa personaxe, María, unha escritora exitosa, ten depresión posparto. Evita a xente do seu arredor e o seu marido (Oriol Pla) non é capaz de ver nin imaxinar o que sofre.
Nesta obra, que ademais de arrepiante é moi necesaria, María empeza a obsesionarse coa noticia dunha muller francesa que acaba de matar os seus xemelgo de dez meses.
Escoita este novo episodio para saber a nosa opinión sobre esta maternidade pouco representada.
Veste con nós a unha nova sesión de cine?
🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜, e que podes ver os anteriores episodios na nosa web e na canle de iVoox e Spotify de @elsaltoradio.