Listen

Description

"Prefiro Condenarme", a nova visión de cinema documental de Margarita Ledo estréase en "O Teleclube". Ledo tráenos a historia de Sagrario, unha muller que figura como un símbolo de rebeldía e valentía en tempos de ditadura franquista.

Sagrario, unha mariscadora de Ferrolterra, vese nun matrimonio de maltrato nunha época na que o divorcio era ilegal. No canto de aguantar calada esta situación, esta muller decide loitar por mudar a súa situación, e busca o amor noutro sitio, atopándoo ao lado de Nicolás, un carpinteiro, feito que fai que remate nun xulgado acusada adulterio.

Ledo achéganos á historia de Sagrario coa súa característica mestura de entrevistas, escenas ficcionadas, material de arquivo, poesía e performance, o que fai que a súa obra sexa moito máis cun sinxelo documental.

Escoita este novo episodio para saber que nos pareceu.

Veste con nós a unha nova sesión de cine?

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores!