Listen

Description

"O Teleclube" viaxa á preciosa aldea de "Vermiglio" a finais da Segunda Guerra Mundial.

A película seleccionada para representar a Italia nos Oscar retrata a vida dunha familia de Vermiglio, unha aldea nevada nos Alpes italianos.

Maura Delpero, a súa directora, retrata a vida da familia Graziadei. O patriarca Cesare, o mestre da aldea, reina sobre a súa cada vez máis numerosa familia nunha casa illada no frío das montañas pero onde as repercusións da Segunda Guerra Mundial chegan igual. Mentres, as súas tres fillas enfróntanse a un futuro que non parecen poder controlar.

Lenta, silenciosa e sutil, "Vermiglio" é unha das películas que poderían pasar desapercibidas, pero non deixes que iso te pase a ti!

Veste con nós a unha nova sesión de cine?

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores