Listen

Description

O pasado escuro de Brasíl sae á luz no novo episodio de ‘O Teleclube’ con ‘Aínda Estou Aquí’

A película de Walter Salles convértese na primeira obra brasileira en gañar o Oscar á mellor película internacional.

A excepcional Fernanda Torres abraia nun filme tráxico sobre a ditadura militar de Brasil que durou dende 1969 a 1985. Torres é Eunice Paiva, nai e esposa dunha familia feliz ata que o seu marido é arrestado e desaparecido polo goberno nos anos 70.

O director Walter Salles ("Estación Central de Brasil", "Diarios de Motocicleta") volve ao seu país natal despois de 16 anos para facer unha obra sobre a sombra do pasado no que eventos recentes como o mandato de Bolsonaro e a fraxilidade da democracia en xeral tamén están moi presente.

Un éxito taquillero en Brasil, a película agora está facendo as rondas polo resto do mundo. Non te quedes sen vela!

Veste con nós a unha nova sesión de cine?

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores