Listen

Description

'O Teleclube' xoga a 'September Di' no capítulo desta semana

Ariane Labed dirixe unha visión cinematográfica dunha adolescencia surreal e perturbadora

Dúas irmás adolescentes, September e July (Pascale Kann, Mia Tharia) viven coa súa nai solteira e son vítimas de bullying na escola. Teñen unha relación moi cercana na que July fai todo o que di September cando xogan 'September Di.'

Na súa ópera prima a directora Labed inspírase no cine de David Lynch e a súa parella Yorgos Lanthimos para traernos unha obra arreptiante sobre o mundo da mocidade hoxe en día.

Veste con nós a unha nova sesión de cine?

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.