Listen

Description

'Un simple accidente', o novo filme disidente do iraní Jafar Panahi, protagoniza o novo episodio de 'O Teleclube'

O director activista impresiona con outra obra intrépida que levou a Palma de Ouro.

En Cannes non só premiaron unha película, senón tamén a carreira de loita do seu director Jafar Panahi. Censurado e encarcerado, Panahi nunca deixou que as ameazas do seu goberno lle impedisen facer filmes.

Despois dun accidente, un home cre que se acaba de cruzar por casualidade co seu interragador e torturador de cando estaba no cárcere. Toma accións drásticas para vingarse, pero despois dubida da identidade do home.

A nova película de Panahi é unha visión humanista dun sistema cruel que pon aos cidadáns uns contra outros.

Veste con nós a unha nova sesión de cine?

🧐 E lembra que se queres enterarte das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube 💜. E non dubides en escoitar os episodios anteriores en Spotify, iVoox e na web de O Salto Galiza.