Listen

Description

Nas tendas de roupa utilízase unha combinación de física sinxela, colocación estratéxica e deseño de iluminación para que a figura se vexa máis estilizada e a roupa resulte máis atractiva:
A inclinación do espello é o truco máis común. Cando o espello non está totalmente pegado á parede en vertical, senón lixeiramente inclinado coa parte superior cara a atrás ou apoiado no chan, créase unha perspectiva que alarga visualmente as pernas e fainos parecer máis altos e esveltos, de forma semellante a cando se saca unha foto desde un ángulo lixeiramente baixo.

Nalgúns casos, os espellos teñen unha sutil curvatura cóncava no eixo vertical ou convexa no horizontal, case imperceptible a simple vista, pero suficiente para comprimir lixeiramente a silueta a nivel horizontal ou alongala en vertical.

A iluminación dos probadores xoga un papel aínda máis decisivo ca o propio espello.

Es de quen se preocupa do que lle mostra o espello?
Venres, 23 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Teño que cambiar os espellos da miña casa. Non funcionan ben, en especial o do baño. Viña coa vivenda e nunca me preocupei. Será cuestión do vidro, que estará algo curvado. Mais fai a figura máis achatada. Xa me fixara nas tendas de roupa. Alí víaseme ben. Unha visita á ducha do meu ximnasio corrobourono. En fronte da ducha hai un espello de corpo enteiro, e, teño que comentalo, cun pouco de rubor, que o meu corpo vese ben estilizado, case como o Apoxiomenos de Lisipo. Vese que o traballo no ximnasio está a dar os resultados e non podo permitir que a mala calidade do mobiliario da miña casa pertube ou afecta a miña autoestima.
Non sei se che pasa o mesmo. Vou preguntar no ximnasio a marca de espello. Hai que ir polo seguro.