Listen

Description

This is episode 94 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 6 de xullo de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Luns, 6 de xullo.
Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Estás como unha cabra. Tiras para o monte como unha cabra. Ai, cabrito! Ou quen insulta co nome do macho adulto da cabra. Algunha vez o utilizaches ou utilizárono contigo.
O uso do nome deste mamífero caprino adquriu un novo significado nos últimos anos grazas ao acronónimo que forma o seu nome en inglés: GOAT, o máis grande de todos os tempos. Messi, Cristiano; Jordan, Lebron; Federer, Nadal ou Djokovic, en moitos deportes debatiuse a quen se lle debería dar ese título. O emoji da cabra acompañaba as grandes estrelas do deporte.
Moito tempo atrás, un grupo de persoas adoptaron outro símbolo, o dun peixe, (iktis, en grego), xa que era o acrónimo do nome de quen dicían seguir: Xesús Cristo, Fillo de Deus, Salvador.
Moito choveu desde aquela, mais vendo o rebumbio deste Mundial, non sei se habería que preguntarnos se non estamos coma cabras (seguindo a GOATS).