This is episode 96 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 8 de xullo de 2026. You can leave text and audio comments at this link.
Mércores, 8 de xullo.
Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Preciso unha cafeteira, preciso un novo computador, faime falta un coche.
Teño claro o que quero, xa rebusquei, xa vin vídeos valorando a súa calidade e a experiencia de uso 6 ou mesmo 12 meses despois da contra. Estou convencido, só necesito ir, velos, comprobar que o prezo é o que é, quero velos, comprobar que iso que me contaron coincide co que entra polos meus ollos.
Seino case todo sobre as cafeteiras semiautomáticas, as memorias ram, procesadores e ssd, e as características das baterías LFP E NMC e das autonomías WLTP.
Comprei, si que comprei. Mais fico coa sensación que me venderon unha garantía ampliada (un seguro), de que me insisten, dentro dun prazo de 60 días, en que asegure o meu equipo cun pagamento e que me a unha financieira de nome coñecido por un período de 72, 84 ou 96 meses.
O que comprei? Contrato, contrato, contrato. Até dentro de 2 anos.