This is episode 3 of the podcast Ufonías by @rnf, published on 7 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.
Non me gusta a fotografía da portada do libro de Julian Barnes e Elizabeth Finch. Cando lés a historia, a verdade é que é cádraco que está contando, pero cada vez que vexo esa imaxe penso, non me gusta. E iso que debo recoñecer que a editorial era anagrama ten portadas absolutamente maravillosas. Por exemplo, a miña preferida é a dos detectives salvaxes de Roberto Bolaño. Aí podes ver un cadro con catro figuras masculinas, con traxe sombreiro, que están quietos e inmóviles nunha praia. Pensaba erróneamente que era obra dun pintor ou dunha pintora mexicana, pero non, resulta que o seu autor é escoceso. Ainda que quen sabe, porque xa deixou escrito o gran Roberto Bolaño que México é unha homenaxe a todo o que existe e o que non existe tamén. Así que ben podería ser alguén mexicano da conca mineira de Escocia.