This is episode 7 of the podcast Ufonías by @rnf, published on 14 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.
Parece ser que PrestoCast multiplica por 10 a duración dos podcast dos usuarios e usuarias premium. Debo dicir que un minuto para min abonda. Pero que curiosa é a percepción do tempo. 10 minutos neste espazo parece un mundo, mentre que na vida diaria unha espera de 10 minutos na cafetaría ou na consulta do médico dase por descontado e nisequera se ten en conta. A poeta Anne Carson, premiada co Nobel de Literatura hai unha semana, mais ou menos, declarou que cando recibiu a noticia do galardón estaba en Islandia escoitando o vento. Cantas cousas contará o vento islandés en 10 minutos eternos.