Programa PAROLANDO, conducido e dirixido por Pepe Peinó, emitido en Radio Burela o 19 de marzo de 2015. Era xusto o día de San Xosé, o Día do Pai, e no noso Parolando falamos con dous pais: Santiago Quirós, Orientador nos colexios Vista Alegre de Burela e Fondo Nois, e con Quico Gómez, Médico Anestesista no Hospital da Costa. Santiago, pai de dúas rapazas, e Quico pai dun neno e unha nena pequenos, xemelgos. Falaron dos seus sentimentos como pais, das dificultades de selo, da dedicación que esixen os fillos, da súa educación e do equipo que forman pai e nai na crianza dos fillos. Un programa "en familia" para un día tan especial.