A escola debería ser sempre un espazo no que sentirse seguro nun ambiente de convivencia e respeto. Porén, esta institución convértese para moitos nenos e nenas un foco de conflicto onde son as víctimas dos seus propios compañeiros e compañeiras.
O acoso escolar abarca todas aquelas situacións baseadas na desigualdade, onde establécese unha relación dominio-sumisión. Constitúe un maltrato físico e psicolóxico deliberado e continuado de este tipo de conductas que provocan a exclusión social das víctimas.
Temos unha responsabilidade compartida entre as diferentes institucións, familias, compañeiros e compañeiras e a sociedade en xeral para evitar que esta lacra siga existindo.
Para abarcar esta problemática contaremos coa presenza de:
- Javier Sánchez, presidente da Federación de ANPAS de Ferrolterra.
- Lois Trigo, fundador del Seminario Galego de Educación para a paz.
- Lupe Ces Rioboo, profesora e socia da Asociación galega contra o maltrato a menores.