Listen

Description

ENTREVISTA A UNHA ENFERMEIRA

Bos días a todos, hoxe teremos unha entrevista exclusiva cunha enfermeira.

M- Bos días

C- Ola, bos días

M- Como se chama?

C- Chámome Cristina

M- Que fai diariamente no seu traballo?

C- Son enfermeira, e atendo as persoas que teñen problemas de saude, só casos de urxencias

M- Cantas enfermeiras hai nun cento de saúde?

C- 8 ou 9 pero en urxencias só unha

M- Gústalle o seu traballo?

C- Si, moitísimo

M- Que é o que mais lle gusta do seu traballo?

C- Atender os enfermos. A xente chega con problemas graves e cunha boa atención pódese mellorar moito a súa saúde

M- Que foi o que mais lle gustou na súa vida profesional?

C- Gustoume moito o tempo que estiven traballando como enfermeira en Africa

M- Ten amigos relacionados co seu traballo?

C- Si, os meus mellores amigos son enfermeiros e enfermeiras, pero tamén de outras profesións

M- Gustaríalle traballar de outra cousa, aparte de ser enfermeira?

C- Si, gostaríame dar clases sobre a saude e prevención das enfermidades nun colexio

Queremos darlle as garzas por concedernos esta entrevista e querémoslle desexar moita sorte

C- Grazas a vostede, Adeus!!!