Listen

Description

O cervo, macho e femia, ten ampla presencia en distintas literaturas, tanto no ciclo artúrico, cando Galaaz, Bores e Perceval contemplan a transformación dun cervo branco en cabaleiro, como nos relatos de corte haxiográfico, caso de Nascien, O Eremita, contemplando como o Grial é transportado por un cervo branco.
O cervo acompaña nas representacións a Artemisa-Diana na mitoloxía greco-romana, sendo considerado moitas veces como símbolo da boa sorte, como sucede coa cerva branca de Sertorio, ou, no caso da cerva de Cerinia, como animal obxecto dun dos traballos de Hércules. A cerva branca dos Ancares é elo máis desta madeixa de interrelacións dun motivo narrativo universal.