Aquiles (en grego antigo ???????? / Akhilleús) é un heroe lendario da guerra de Troia, fillo de Peleo (rei de Ptía en Tesalia) e de Tetis, unha das Nereidas, (ninfa mariña). Os textos refírense a el frecuentemente co nome de «Pelida» ou «Eácida», epítetos que remontan aos seus devanceiros Peleo e Éaco.
É un dos protagonistas d' A Ilíada de Homero.