Zapatero puxo as coitelas. Rajoy deu o visto bo. A Garda Civil de Ceuta disparou contra dos migrantes e Fernández Díaz mentiu. Unha vintena de mozxs morreron unha noite deste tráxico febreiro tratando de cruzar a fronteira, fuxindo da miseria dos seus países, miseria á que tanto contribuíu o insaciábel capitalismo europeo.