Listen

Description

Un tempo pausado para o debate alén dos eslogans electorais, un espazo de reflexión entre posicións encontradas dentro dese gran concepto que damos en chamar esquerda. Abordamos as temáticas relacionadas cos medios de comunicación, a democracia e a relación coa cidadanía e o medio ambiente.

Para elo estiveron presentes Rubén Pérez, candidato ao congreso por En Marea; María Elvira Souto, candidata por Nós Candidatura Galega; Gloria del Valle, candidata polo PSdeG-PSOE e Xosé Tubío, por parte do Partido da Terra.

Presentou Brais García, ao control de son Carlos Rios.