Listen

Description

A radio do CPI Virxe da Cela de Monfero desprázase ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) para facer un programa de radio sobre a doazón de órganos coa presenza do Coordinador de Transplantes de Órganos do CHUAC, o doutor Fernando Mosteiro; o secretario da Federación Galega de Doantes de Sangue, José Manuel Otero e o vicepresidente da Asociación Galega de Transplantes Airiños, Juan Graíño, entre outros.

O programa, titulado Doando Boas Ondas, está presentado polo alumnado de 5º de Primaria do Virxe da Cela e conta cos testemuños de pacientes que recibiron unha doazón e porque é importante doar. Ademais, ao longo do programa, haberá reportaxes e varias entrevistas. Un programa que antecederá á charla didáctica que o Dr. Mosteiro ofrecerá aos escolares para explicarlles a importancia de doar.

Músicas que soan neste programa:
Podington_Bear_-_09_-_Sunset_Stroll_Into_The_Wood
Podington_Bear_-_08_-_Stages_Of_Awakening
Podington_Bear_-_10_-_Budsbursting
Podington_Bear_-_12_-_Kitty_In_The_Window
Podington_Bear_-_10_-_Get_Happy_Now
Podington_Bear_-_05_-_Raccoon_Family_Robinson
Podington_Bear_-_12_-_Yip_Yop
Podington_Bear_-_Do_Better
VJ_Memes_-_Blind_Love_Dub