Hoxe comezamos o programa con Shortie The President, seguindo con Tony Tuff para dar paso á turra, dedicada nesta ocasión a Toyan, con pequenos incisos sobre o mesmo riddim de DJ Django e Lady Ann. Logo da turra a axenda semanal, ben cargadiña de eventos esta semana. Seguimos con Bagga, antes da sección do Negro, que nesta ocasión nos trae a Gwendal e o seu "Le reggae gai de Gueret". Continuamos con Tribesmen, Barry Brown e despedímonos co último lanzamento do selo Prophecy Records, dende Atenas, con Somehowart á producción, Prince Alla á voz e Hornsman Coyote ao trombón. A semana que vén voltaremos con máis reggae, ata entón, coídense!