Hoxe quedamos sós Borja e Pablo ao mando da Madriguera. Comezamos con Junior Byles, Smooth Beans, Wayne Jarrett (desta vez si), Hotdrop e Andy Williams antes da pausa, na que coma sempre, traemos unha cargada axenda semanal cos eventos musicais da semana do país. Despois turno para Sammy Dread, The Frightnrs, repasamos a vida e obra de Early B e pechamos con Jennifer Lara. Para a semana máis, ata entón saúde e reggae!