Hoxe acompáñanos Jorge de Ital Roots para facer un programa especial adicado ás mulleres no reggae. Abre Judy Mowatt co "African Woman" para seguir con Love Joys, repasamos a vida e obra da gran Phyllis Dillon e seguimos con Sceptre e Althea & Donna antes da axenda semanal. Desta vez non podemos contar con Borja e é Rober quen se encarga de traer os eventos reggaeiros do país, acompañado dunha pequena reflexión. Seguimos con Natural Beauty e falamos da historia e obra de Sister Nancy. Seguimos con Hempress Sativa, Valentina B e Habesha e pechamos o programa ca marabillosa voz de Inés Pardo. Saúde e reggae!